Areas é unha aldea situada no sur
lucense en plena Ribeira Sacra, no concello de Sober e entre as
ribeiras de Pantón e Sober que separa o Cabe. Conta cun apeadeiro
moi empregado no pasado polas xentes do lugar e que está a medio
camiño na liña que une Monforte de Lemos e Ourense. A paisaxe para
o camiñante que se atreva a moverse por estas ribeiras pode ser
impresionante...
|
Areas desde a Ribeira de Pantón, Apeadeiro e vía do tren |
Devesas, regatos, socalcos, algún que outro
petroglifo nas parroquias lindeiras... Son algunhas das cousas que ofrece este lugar. No últimos tempos a
estrada que conduce a Areas desde o lado de Pantón foi arranxada co
que o acceso deica a ponte que une unha e outra beira é doado tamén
en coche. Ademáis existen múltiples rutas de sendeirismo para os
que estexan interesados neste tipo de actividades de lecer e tempo
libre que foron preparadas polas autoridades locais.
|
Vista desde unha das rutas de sendeirismo preparadas polo concello de Pantón |
Son frecuentes as historias que deste lugar se contan e que están aínda no imaxinario popular dos tempos da posguerra e anterior. Historias de estraperlo, de ir pescar de noite, etc. Chama a atención o pouco que desde as corporacións e institucións da zona se está a poñer en valor esta riqueza paisaxistica e cultural, virxe e salvaxe, para fomentar o seu coñecemento, mellora e divulgación.
|
O río Cabe ao seu paso por baixo da Ponte que cruza cara Areas |
Se un segue as rutas de sendeirismo pode chegar a aldeas coma Budián, rodeadas por un habitat natural inmenso onde predominan os piñeirais, carballeiras, terras de labradío, lameiros... Nesta aldea un ten a sensación de estar nunha aldea de comezos do século XX ou finais do XIX agás por algún caso de feismo arquitectonico recente. Aínda que o Estado de conservación das construccións é bastante malo.
|
Vista dos piñeirais en Budián, Pantón. |
|
Bodega con parra, campo de Budián |
|
Horreo da casa do Arias, Budián |
|
Atardecer en Budián, desde a capela da Virxe da Porta |
Muito bom blogue. Ampliando algo este roteiro em imagens e explicaçons acho que seria acaído, se o tens a bem, para o vindouro número da revista "Revolta Irmandinha".
ResponderEliminarSem problema
Eliminar