O barroco galego é un fito do barroco mundial.
Castelao, Sempre en Galiza.
Estes días por casualidades da vida tiven que percorrer algunhas desas xoias románicas que o concello de Pantón atesoura pero que nós non nos decatamos de que existen ou que se o facemos, poucas veces lle damos a importancia requerida debido ao costume de transitar eses lugares. É algo similar ao que pasa cando un estudante en Santiago vai deixando de percibir a grandeza da zona vella compostelana a medida que o tempo na cidade vai pasando.
Cartel explicativo do concello
|
Unha delas foi a igrexa románica de San Fiz de Cangas, onde seica hai enterrado algún da casa do conde de Espasantes, Cangas ou San Fiz... Eso non está moi claro. A igrexa ata fai ben pouco non contaba con ningún tipo de explicativo para quen por alí pasase, pero varios anos despois de promover a rota do románico o concello tivo a ben chantar alí algo para que a xente poida saber que é un templo do século XII entre outras cousas.
A min personalmente gústanme moi certos detalles grabados na absida que revelan a mentalidade da época e que son seguramente un fito do románico mundial. Como o é todo o románico de Pantón.
Detalle da absida
|
Outros detalles desta anterga igrexa son o grabado na súa porta principal ou a xanela do altar que ten dous grabados moi peculiares.
Xanela do altar da igrexa
|
Detalle da porta de San Fiz
|
Ademáis nesta mesma parroquia do concello de Pantón podemos atoparnos un antigo santo cristo tallado en madeira dun valor incalculábel. O orixinal está gardado non sei se a bo recaudo dos ladróns que, moi probablemente levaron o códice calixtino, en Lugo. O que podedes ver na imaxe é unha réplica exacta posta no lugar onde durante moitos anos foi exposto o orixinal para goce dos fieis. Tódolos anos nesta parroquia se fai unha comida campestre en Xullo para celebrar o santo cristo. Durante esta festividade o orixinal é traído a parroquía para celebrar os (non sei se santos ou non) oficios.
Santo cristo de San Fiz de Cangas
|
Outra xoia aínda máis impresionante é o mosteiro de Eiré, polo que paso moi acotío mais ao que nunca lle saquei unha foto. Prometo facelo e se me esquezo podedes tirarme das orellas para poñelo aquí e darlle bombo, que boa falta lle fai debido ao pouco que o fan as nosas entrañabes autoridades municipais, provinciais e autonómicas.
Hoxe andiven tamén polas augas santas, en Pantón (a parroquia que non o concello), onde se fai unha romaria moi típica a onde ven xente de moitos recantos a xantar de campo. As augas santas son augas sulfurosas ou desas que cheiran a ovos podres que seica son boísimas para todo mal do corpo e que os vellos sempre invitan a beber cando un se pasa polo manantial público que alí hai. Fai uns anos ergueuse preto do manantial un balneario que leva o mesmo nome e que está o lado do antigo xa ruinoso. Pero eso xa noutra ocasión que senón esta entrada desmándaseme entre fotos e parrafada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario